A luz e a auga

EXPERIENCIA 1: A REFRACCIÓN CUN PAPEL:

Material: Un vaso de cristal, un papel no que debuxaremos unha flecha e auga.

Procedemento:

Comprobamos que pasa se metemos o noso debuxo dunha flecha detrás do vaso baleiro. Logo, enchemos o vaso, e probamos outra vez que vemos.

Comprobamos que con auga e sen auga, actúa distinto. A dirección da flecha cambia de sentido.

Prodúcese un fenómeno óptico que explica o xiro en función de si o vaso ten aire ou auga, denomínase refracción. Cando a luz pasa de un medio a outro, refracta, e todos os raios  concentranse no punto focal.

Acabamos de ver como o noso ollo ve un cambio de dirección a través da auga, un efecto óptico.

EXPERIENCIA 2: REFRACCIÓN CUNHA MANGUEIRA

Materiais: mangueira e sol.

Procedemento:

Situate de xeito que o sol quede detrás de ti. Emprega a opción como pulverizar/spray/tapando co dedo.

A luz entra na gota, dispérsase e chega ao extremo oposto da gota, unha parte das luces saen ao exterior e outra parte refléxanse e volven a incidir sobre a cara interna da parte forntalda gota. Aquí, parte da luz sae ao exterior pero cunha desviación grande para que o ollo humano poda apreciar as distintas cores. A luz dispérsase dúas veces, ao entrar na gota e ao saír.

Debería quedar algo así:

EXPERIENCIA 3: A REFRACCIÓN CUN ESPELLO:

Material: un vaso de auga, pequeno espello, unha folla de papel blanca e un día soleado ou unha lanterna.

Procedemento:

Encher o vaso case ata arriba, e colocar o espello dentro. Debemos pomelo inclinado.

Escurece a habitación e encende a lanterna cara o espello que está sumerxido. Pon o papel debaixo do vaso. Moveo e observa.

Se estás empregando a luz solar, coloca o vasoque quede no borde dunha mesa e o sol brille directamente a través da auga, e o reflexo incida na folla de papel que estará no chan. Axusta o papel si fose preciso.

Veremos que a luz está  composta por moitas cores, e cando a través da auga se divide en outras cores, falamos de refracción.

Acabamos de crear un arcodavella.

UNHA PEQUENA EXPLICACIÓN:

Deja un comentario