Construímos unha estación metereolóxica: o pluviómetro

Nas seguintes tres sesións construiremos unha estación metereolóxica.

Sabedes que é? Para que se emprega?

A metereoloxía é a disciplina que se ocupa de predecir o tempo que imos ter. Pero para poder coñecelo, necesitamos instrumentos que midan as variables de presión atmosférica, temperatura, humidade e dirección e velocidade do vento. Así, tras medir ditas variables e analizalas, sabemos se imos poder ir á plaia, ter que empregar o paraugas…. Pero para poder medilas, necesitamos de instrumentos, e o conxunto de instrumentos que miden ditas variables, chámase estación metereolóxica.

Polo que a nova proposta é a de comezar creando un pluviómetro.

Que credes que mide?

Pois mide as precipitacións a choiva, neve… é dicir, a auga que cae do ceo.

Imos a comezar creando o noso pluviómetro, imos aló! Presta atención:

  • O PLUVIÓMETRO

Realizarase un pluviómetro de maneira que podamos medir a cantidade de choiva que cae.

 MATERIAIS:

 – Un recipiente (pódese empregar unha botella de entre 1 e 2 litros quitándolle a parte superior).

– Unha regra.

– Un embude (ou a parte superior dunha botella).

PROCEDEMENTO:

 1º Pégase a regra ao noso recipiente.

2º Colócase o embude na parte superior do recipiente.

Xa temos o noso pluviómetro, agora debemos levar a cabo un rexistro da cantidade de choiva que cae, para iso iremos anotando todos os días os milímetros que caeron, realizándoo todos os días á mesma hora.

RECORDADE ENVIARNOS AS VOSAS ESTACIÓNS E RECOLLIDA DE DATOS A iromero@edu.xunta.es ASÍ COMPROBAREMOS SE OS DATOS SON IGUAIS EN TODA RIBEIRA.

A próxima semana, continuaremos co anemómetro. Así que atentos!!!

Deja un comentario