Construimos unha estación metereolóxica: o catavento.

Como xa dixemos, esta semana realizaremos un instrumento que nos permitirá coñecer a dirección do vento. Atendendo aos catro puntos cardinais: norte, sur, leste e oeste.

Agora, imos a facer o noso catavento. Listos? Pois a traballar!

  • O CATAVENTO

Faremos un catavento para poder ver a dirección do vento.

MATERIAIS:

– Palliña

 – Plastilina

 – Cartolina

 – Lapis con goma nova

– Cravo

– Compás

PROCEDEMENTO:

1º  Recórtase a cartolina en forma de frecha, facendo a forma da punta e da cola da mesma.

2º  Realizaranse dous cortes na palliña, un en cada extremo e pegaranse os recortes de cartolina

3º A continuación, cravarase o cravo no centro da palliña e na goma do lapis.

4º Collerase a plastilina e pegarase ao prato picando o lapis nela.

5º Por último, marcaremos o Norte, Sur, Leste e Oeste no prato, axudándonos dun compás para iso.

Pois agora, soamente nos queda empregar a nosa estación. Tomar nota. Fotografías. E enviadenos as vosas aportacións a iromero@edu.xunta.es

Deja un comentario