Científicos de laboratorio!

Hoxe imos a realizar un experimento por pasos!! Seguindo o procedemento de como se traballaría nun laboratorio.

Presentannos 4 substancias: zume de laranxa natura, zume de pemento vermello, zume envasado e tang (pó disolto en auga).

E plantexasenos o problema a investigar: Cal desas bebidas ten máis vitamina C?

Realizan as súas primeiras hipótese… que debemos comprobar quen acertou!

Necesitaremos moito material de laboratorio como: xarras medidoras, vasos medidores, pipetas, culler, fonte de calor e reactivos. Os reactivos son: betadine, maicena, esencia de vainilla.

Mesturamos maicena e auga, logo mais auga. Quentamos e pasamos a mesturar os reactivos, empregando as pipetas.

As mostras das substancias cambiarán de cor en cada grupo, pero non acadarán cor exactamente igual polo erro humano, o que nos fai ver a necesidade de medir con exactitude e repetir experimentos ata ter datos fiables.

Tamén, coñecemos para que serve a vitamina C: para o coláxeno, pelo uñas… E unha curiosidade é que os mariñeiros antes enfermaban por non poder tomar a vitamina mentras navegaban: escorbuto.

Deja un comentario